A nova xeración dourada do atletismo galego Sub18 acude ao campionato de España con fame de metais

Valencia acolle esta fin de semana a celebración do Campionato de España Sub18 de pista indoor. Serán as instalacións do velódromo Luis Puig quenes acollan os días 01 e 02 de marzo unha interesante edición a onde acuden un total de 40 atletas galegas e galegos.

A internacional Sabela Martínez da Gimnástica. Fot-Federación Galega de Atletismo

A nova «fornada» do atletismo galego participa con moitas opcións de medallas por parte de toda unha nova e talentosa xeración de atletas, que están chamados a marcar unha nova e importante etapa dourada no noso atletismo.

Moito talento e calidade para unha xeración de futuro

Comezando polas probas de velocidade, o subcampión de España Sub16 Aarón Pérez do ADAS CUPA, intentará estar novamente nun podio dun campionato de España na proba dos 60 m. na que acredita a terceira mellor marca dos participantes.

Os 800 m. contará ca participación do líder do ano Javier Picos do Marineda Atlético que loitará por proclamarse campión de España logo de que o ano pasado, no seu primeiro ano na categoría, lograra o metal de bronce. Sobre a mesma distancia, importante presenza da internacional Sabela Martínez da Gimnástica, quen figura nas quinielas para un máis que axustado título con varias e serias pretendentes. A campioa de España do ano pasado na proba dos 3.000 m. defenderá o liderato no ranking de 2:12.46.

Unha das xoias da canteira do atletismo galego, Sabela Castelo do Ourense Atletismo, recuperada xa de problemas físicos, aspira a revalidar o título de campioa de España que xa colleitaba o ano pasado precisamente en Valencia pero sendo Sub16. O seu crono de 9:46.65 na proba dos 3.000 m. fanna clara favorita ao título. Sobre esta mesma proba, Paula Fernández da Gimnástica cun crono este ano de 9:58.60, e Demeku Paniagua de O Pino con 10:01.05 loitarán por facerse un espazo nun podio que podería ter un claro acento galego.

A medallista de bronce en obstáculos do Campinato de España de Málaga ao aire libre do 2024 Debris Paniagua do Atletismo O Pino, é outra das importantes bazas de medalla na proba dos 1.500 m. á que acude co terceiro mellor tempo de 4:33.80. Sobre esa mesma distancia, estaremos moi pendentes da actuación doutra das galegas con aspiracións, Eva Rouco do Lucus Caixa Rural.

Alex Sierpes do Vicky Foods, será outro dos principais reclamos do campionato. O atleta de Tomiño, nun estado de forma excepcional, lograba recentemente o récord galego e unha das mellores marcas mundiais do ano sobre a proba dos 3.000 cun crono de 8:13.89 que o convirten en claro favorito ao título.

As maiores opcións virán da man do plusmarquista de España Hugo Casañas quen encabeza o ranking de España da súa categoría con máis de dous metros de diferencia en relación ao segundo clasificado. O obxectivo de Hugo, será intentar mellorar o seu récord galego efectuado recentemente de 19.61 m.

Sen abandonar o peso, a tamén líder do ano e campioa de España Sub16 no 2024, a bañense Aitana Capeáns do Ourense Atletismo, pelexará por facer valer os seus 12.15 m. logrados a principios deste mes en Expourense, cos que sumar un título de España que engadir ao seu xa importante e destacado palmarés.

No concurso de altura, a ourensá Iria Solera, continúa ca súa fantástica progresión que a levaban este ano ata os 1.74 m. e que a permiten situarse para mellorar o subcampinato de España do ano pasado. Na categoría masculina, a grata «revelación» deste ano, Gael Couñago da A.D.CAR, posicionase para estar na pelexa directa polos metais, logo de saltar recentemente ata os 2.00 m. e deixar moi boas sensacións sobre o listón.

No resto de actuacións estaremos moi pendentes do que poidan facer Paula Conde do Lucus e Eloy Vázquez da At. Barbanza nos 60 m.; Sebastián Bascoy do Coruña Comarca nos 200 m.; Martín Bazán do Marineda At. e Martiño Salgado do Celta nos 400 m.; María Estévez da Gimnástica sobre os 1.500 m.; Alejandro Santos da Gimnástica nos 3.000 m.; Manuel Vázquez do Marineda At. e Guillermo Piñeiro da Gimnástica nos valos; Adriana Castiñeira do Coruña Comarca en altura; Tesfayé Chao de A Silva en triplo e Nuno Castro do Millaraio en combinadas, todos elas e eles con serias opcións de estar nos postos importantes das súas respectivas probas.

 

Lea también

El judoca Mario Tenreiro obtiene la plata en el Sector Oeste del Cto de España Junior

El sábado pasado se disputó, en el pabellón de Santa Isabel de Santiago de Compostela, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *