Narón celebra a V Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage

A quinta edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage celebrarase os días 8 e 9 de marzo nas instalacións do pavillón da Mocidade, na Gándara. Así o avanzou a concelleira responsable da área de Feiras, Mar Gómez, que destacou o éxito que ano tras ano acumula este evento que o Concello de Narón organiza en colaboración coa Asociación Ferrol Vello.

A edil naronesa recordou que se trata dunha convocatoria con entrada de balde e que permanecerá aberta ao público de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas nas dúas xornadas. Ao igual que en anteriores edicións reuniranse unha trintena de anticuarios, que traerán a Narón unha gran variedade de artículos.

Coleccionistas locais, procedentes da comarca de Ferrolterra e tamén outros de comunidades como Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León ou doutros países como Portugal (Oporto) daranse cita nesta convocatoria que ofrecerá aos visitantes a oportunidade de ver e adquirir os produtos, algún deles pezas únicas, expostos nos 1.200 metros cadrados habilitados para a exposición.

“É moi satisfactorio poder organizar unha nova edición desta feira, que tan boa acollida ten entre a veciñanza de Narón e doutros concellos que se achegan a ela e, por suposto, dos anticuarios que participan na mesma, que ano tras ano nos manifestan que están satisfeitos coas vendas”, asegurou Gómez.

A edil naronesa agradeceu a colaboración da Asociación Ferro Vello “con quen contactamos para poder traer a Narón unha feira destas características e que nos axuda a superarnos en cada edición co seu traballo”. A edil de Feiras e Mercados recordou que se porán á venda mobiliario antiguo, publicacións, artículos de decoración, moedas, apeiros de labranza, selos, discos… unha gran variedade de artículos “aos que se lles pode dar unha segunda vida”.

Co fin de poder ver todos estes produtos Gómez animou á cidadanía a achegarse ao pavillón da Mocidade os días 8 e 9 de marzo.

Lea también

Narón habilita a pista de hockey no pavillón polideportivo do Val

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *