As Pontes contará cun clube de saúde para enfermos de cancro e as súas familias

A iniciativa incluirá talleres e sesións sobre saúde física nutrición ou habilidades emocionais.

O Concello das Pontes e a Asociación Española Contra o Cancro van poñer en marcha un clube para mellorar a saúde integral de persoas afectadas por esta enfermidade, familiares e superviventes.

A iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso a recursos de saúde integral a pacientes e coidadores foi presentada o martes 25 da man da propia Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), nun encontro que estivo presidido polo alcalde Valentín González Formoso e a edil de Benestar Social, Tania Pardo, e no que tamén participaron representantes da Xunta Local das Pontes da propia AECC.

O primeiro edil agradeceu que a asociación pensase nas Pontes como nova localización deste interesante proxecto piloto e que, xa o pasado ano, se poñía en marcha con moi bos resultados nos concellos de Cedeira, Melide e Vimianzo.

Valentín González Formoso quixo respaldar unha iniciativa que, ao seu xuízo, será permite abordar a enfermidade dende outros puntos de vista, máis aló dos médicos e farmacolóxicos, xa que tal e como recalcou é necesario traballar na nutrición, en pautas de exercicio físico ou en ferramentas para fomentar unha boa saúde mental, entre as persoas que sofren esta doenza.

Neste senso, Formoso apuntou que o concello das Pontes ofreceu toda a súa colaboración para a posta en marcha deste proxecto que a mediados do mes de marzo, está previsto que se presente nun acto público. Asemade, o alcalde pontés animou a veciños e veciñas a sumarse a este club de saúde que, de seguro, tamén vai lograr unha acollida moi positiva entre ponteses e pontesas.

Pola súa parte a Coordinadora de Desenvolvemento Territorial da Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro, Rocío García de la Barga, explicou que este tipo de clubs o que buscan é non falar de cancro, senón do resto de temas que rodean ás persoas enfermas e coidadoras.

Segundo apuntou, este novo club de saúde busca ofrecer un espazo no que persoas enfermas e coidadoras compartan experiencias, á marxe de temas que xa tratan cos seus equipos médicos. Un entorno no que socializar, empatizar e compartir experiencias propias con outros veciños que están a pasar pola mesma situación.

En canto a este novo espazo, está previsto que inclúa 21 sesións, dunha hora de duración, que serán semanais a desenvolver no Centro de Saúde das Pontes da man dun equipo de profesionais especializados e persoas voluntarias.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …