Novos valores no Día das “Letras Galegas”-(Xosé Paz Fernández)

Xosé Paz Fernández-(Director da Coral Polif. Eumesa)

Este ano a conmemoración das “Letras galegas” vai estar adicado á temática que tén a súa orixe no contido do Cancioneiro Popular Galego. Ata o de agora sempre foron figuras senlleiras ás que se intentaba destacar, homenaxeándoas e dando a coñecer a súa biografía, espallando feitos e obras que realizaran na súa vida a prol da nosa terra.

Na data correspondente, neste ano, trócase a escolleita dos persoeiros pasando a ser adicada ás cantareiras, e tamén cremos que a un moi extenso colectivo xermolado e imbricado nel: agrupacións folclóricas de baile e canto, pandeireteiras, gaiteiros, cantautores, músicos, cantores galegos, poesía, língua etc. Coidamos que é a todo o creado e remañecido do pobo e
conservado por el, aínda non valorado abondo, cun fondo moi amplo en extensión e expresión
cultural da alma e espírito.

As catro maruxas músicas. Pintura de Bóveda

O nome do pobo que debe levar a sona de facer esta grandeza de apañar este capital cultural, debera denominarse galego-portugués, e non denominarse galego ou portugués só, pois foron varios os poetas de distintas condicións sociais e países, que dende reis ata cregos, dende burgueses ata nobres, e de ricos ata pobres esmoleiros os que teñen participado na creación e resistencia da fala.

Así pois, teñen cabida neste marco de xuntanza, moitos grupos que asociándose traballan, e levan axudado á recuperación dunha manchea do que se perdía e que paseniñamente apañaron con distintas formas as vivencias doutrora. Vémolo nos traballos de recolleita de campo ou recompilación de letras, bailes, cantigas, coplas, refráns, ou documentación que ó longo da historia eí nos deixaron por vía oral ou pola escritura, quedando como testigos do
vivir dunha época que nos revela, e leva, á historia das raiceiras achantadas nesta terra galega.

Miniatura de músicos nas Cantigas de Afonso X “O Sabio”

Afonso X quizais fose un dos primeiros en recoller as cantígas que formaron os primeiros cancioneiros.

E xa comezada a recolleita seguírono os trobeiros coas súas obras e logo outros recompilando letras ou músicas como Pérez Ballesteros, X. Lorenzo, X. Casal, Isaac e Nicanor Rielo Carballo, Marcial Valladares, Daniel González, Leiras Pulpeiro, Casto Sampedro, Bouza Brey, Torner e X. Bal y Gay, A. García Alén, A. Cotarelo Valledor ou a extranxeira Dorothé Schubarth con A. Santamarina, e moitos máis que nos quedarán por citar, que animaron a continuar a obra das xeracións máis antigas.

Daí a inclusión e participación que lles corresponde nese día “especial” dedicado ao pobo cantor.

 

(Cantos pop. por nenos. Dibuxo de V. Gómez Garabana. Canc. Pop. Eumés 1ª Parte)

Agardando a que nos vindeiros meses se presente, na bisbarra eumesa, un traballo popular, queremos que estas liñas non se vexan como un aproveitamento do que vai a acontecer neste maio vindeiro, por non ser nada sospeitoso ao estar á vista mostras do xa recompilado no tempo.

 

Lea también

ConectaDERMA, el puente digital hacia el Dermatólogo–(Joaquín Espiñeira Sicre)

Joaquín Espiñeira Sicre Nunca hubo tanta preocupación por la piel y, al mismo tiempo, nunca …