Rosalía regresa á Frouxeira, Valdoviño, 144 anos despois grazas aos pinceis de Manuel Carballeira

144 anos despois, Rosalía regresa a Valdoviño grazas aos pinceis de Manuel Carballeira. O artista remataba en tempo e forma o encargo do Concello de Valdoviño para conmemorar este domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía, e ests venres 21 o seu novo mural lucía no marco incomparable da Frouxeira. O alcalde, Alberto González, e a técnica de Cultura, Rita Díaz, destacaban a calidade da obra, inspirada nunha idea orixinal do creador.

Trátase dunha fotografía de 1881, apenas uns anos antes da morte da escritora. Daquela, aqueixada dos problemas de saúde que a acompañaron nos seus últimos tempos, visitaba A Frouxeira pola súa sona como praia curativa e como recomendación dos seus médicos.

Na súa estancia, acompáñaa o seu marido, o tamén escritor e historiador Manuel Murguía, así como os seus cinco fillos, que desfrutan dos paseos polo areal. Un deles probablemente fora inmortalizado polos fotógrafos que por aquel entón acudían ás praias para facer negocio. E esa imaxe, realidade ou posibilidade, faise arte dende hoxe na contorna da praia pequena da Frouxeira.

Trátase da terceira obra de Rosalía neste espazo. Todas elas sorprendentes. Todaselas únicas. E todas elas, de Manuel Carballeira.

Lea también

Teatro e máis actividades na axenda da fin de semana de Cedeira

A compañía Píscore leva este sábado 22 ao escenario do Auditorio de Cedeira a obra …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *