Adxudicación en As Pontes de servizos e seguridade viaria na estrada AC-564 ó paso por Goente

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polos concelleiros Roberto Rivera e Lorena Tenreiro, visitaron a parroquia de Goente, tras aprobarse a adxudicación das obras de mellora de servizos e seguridade viaria na estrada AC-564 na súa marxe dereita á empresa Conde. S.L.

O proxecto, cun orzamento de 150.658 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá á reposición dos actuais servizos de saneamento, abastecemento e iluminación así como a mellora da beirarrúa existente, entre o punto quilométrico 17.200 e o 17.800 e co que o Concello das Pontes continuará coa mellora deste viario que comezaba coa execución dun proxecto de características similares no ano 2019 na marxe esquerda.

A nova rede de saneamento incluirá a execución dunha rede de pozos de acometida e pozos de rexistro mentres que a rede de abastecemento desdobrarase. Por un lado estará a liña procedente da rede municipal, desde o inicio da actuación ata a conexión co ramal de estación de bombeo e, en paralelo, discorrerá unha liña de repartición desde a cal se realizarán as acometidas domiciliarias mediante as válvulas correspondentes. As obras completaranse coa instalación da canalización da iluminación pública, con arquetas de rexistro.

Por outra banda, a reposición das beirarrúas existentes contémplase como unha mellora da seguridade coa que se regularizará e ampliará, non lugares non que sexa preciso, para deste xeito cumprir coa normativa vixente en materia de accesibilidade e seguridade.

Construirase unha unha beirarrúa de formigón continúo, sen bordo prefabricado, armada con malla como reforzo, dándolle un acabado picado anti escorregadizo, con achega de cuarzo e colorante da mesma cor que a beirarrúa da marxe esquerda. Os pasos de peóns pavimentaranse segundo a regulamentación, con baldosas de tipo botón e direccionais e respecto ás pendentes.

A obra rematará coa sinalización horizontal necesaria de pasos de peóns, colocación de sinais, e do mobiliario urbano.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …