Adif inicia en abril el acondicionamiento do noiro en la estación de tren de Pontedeume

O Concello de Pontedeume informa de que ADIF contempla iniciar os traballos de limpeza e acondicionamento do noiro da Estación de Ferrocarril de Pontedeume ao longo do vindeiro mes de abril. 

A Secretaría de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible vén de comunicar que realizará esta actuación logo de que o noiro fose danado como consecuencia dos últimos temporais. Esta obra conta cun orzamento de 39.754,28€ máis IVE. 

Así o trasladou a Secretaría de Estado o pasado día 18 tras a consulta realizada o 11 de febreiro por Montserrat García Chavarría, deputada socialista no Congreso. 

Así mesmo, dende a Secretaría de Estado informouse de que está previsto adxudicar no segundo trimestre do presente ano o contrato para a instalación de cámaras de videovixilancia na mesma estación.  Isto ten como fin evitar os constantes actos vandálicos que levan anos causando graves desperfectos nesta instalación, ao tempo que se mellora a seguridade na zona. 

Estas actuacións enmárcanse dentro do compromiso adquirido polo secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, no encontro mantido o pasado mes de maio co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, e a deputada Monserrat García Chavarría. 

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …