Inicio en Baltar, Narón, das obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á parroquia do Val, concretamente ao lugar de Baltar, onde deron comezo os traballos correspondentes ao proxecto de instalación de tubarías de saneamento e abastecemento no vial de acceso ao convento de Baltar dende a AC-116.

A actuación adxudicouse en 131.890 euros. As vivendas localizadas nas inmediacións da marxe esquerda do vial de acceso ao citado convento dende a estrada autonómica son as que se verán beneficiadas por esta actuación, ao carecer ata a data da citada infraestrutura.

No proxecto destes traballos xa se especifica que existe un colector de evacuación de augas residuais pertencente á rede municipal nunha zona moi próxima. A maiores da condución deste servizo de saneamento de augas residuais inclúense nos traballos a habilitación dos puntos necesarios para o seu rexistro a unhas determinadas distancias.

No que respecta á rede de abastecemento, para realizar a conexión prevista nesta actuación partirase do extremo da rede municipal existente na marxe esquerda da AC-116 e desenvolveranse dúas tubarías (unha en cada marxe da AC-114) co mesmo ámbito que os colectores do saneamento.

A rexedora local subliñou o feito de que “dende o goberno local continuamos traballando para ampliar os servizos, neste caso o saneamento e abastecemento, na zona rural, avanzando para poder completar uns traballos que requiren dun importante investimento e que queremos axilizar contando coa colaboración doutras administracións, tal e como solicitamos e se fai noutros concellos”.

Lea también

Presentación en Narón do libro “Apuntamentos e memorias do peor estudante do mundo”

O escritor ferrolán Manuel José Díaz Vázquez presenta este xoves 20 na Biblioteca municipal de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *