Policía Local de Narón tramita 14 denuncias en tres días por levar cans soltos ou sen o chip

O Concello de Narón anunciou a finais do pasado mes de xaneiro o inicio dunha campaña de concienciación e control sobre a tenencia de animais de compañía e potencialmente perigosos. Axentes da Policía Local da cidade vixían o termo municipal sen o uniforme regulamentario –coa pertinente autorización- para velar polo cumprimento da ordenanza municipal sobre a protección e tenencia de animais de compañía e potencialmente perigosos.

O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, valorou os primeiros resultados desta campaña, na que tan só en tres días se formalizaron catorce denuncias a outros tantos propietarios/as de animais de compañía. Oreona indicou que do total das denuncias trece foron por levar aos cans ceibos, cando está prohibido facelo nas vías públicas, tendo que levar correa e colar ou outro elemento de suxeción, e unha porque o animal non levaba o chip reglamentario, que tamén é obrigatorio.

Os lugares nos que se formularon as denuncias son os parques de Freixeiro, da Gándara e da rúa da Garda; o paseo de Xuvia; a praza da Gándara, e a de Tranvías e as rúas Illas Sisargas, Virxen da O, Pintor Sotomaior, Neda, Camiño da Praia e a avenida 3 de abril.

O edil naronés recalcou a importancia de que as persoas que teñen animais de compañía cumpran a normativa en vigor, respectando a tenza responsable dos mesmos e unha convivencia social pacífica e segura, tal e como se establece na ordenanza. Oreona indicou que as sancións de carácter leve son de 100 euros, se ben poden alcanzar contías superiores no caso de que os axentes consideren que as infraccións supoñen un perigo para as persoas.

“Do mesmo xeito tamén se controlan outras infraccións, como non recoller as deposicións dos animais de compañía, unha acción tamén sancionable e que repercute directamente no conxunto da cidadanía, que non é a culpable do incivismo das persoas que, afortunadamente cada vez menos, non recollen os excrementos das súas mascotas, co que iso supón para o mantemento en condicións das rúas, beirarrúas e xardíns”.

O concelleiro de Seguridade Cidadá recalcou que dende a Policía Local se continuará velando polo cumprimento desta ordenanza en particular, con saídas sen o uniforme regulamentario e tamén uniformados, como xa se fai ao longo do ano.

Lea también

Narón ofrece un curso de Prevención de Riscos Laborais, PRL e Medio ambiente

A concelleira de Formación de Narón, Natalia Hermida, anunciou a apertura este xoves 13 do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *