O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demandou na comisión de urbanismo e obras «adoptar unha solución inmediata o mal estado da accesibilidade peonil na contorna do instituto».
O concelleiro do BNG, Roberto Montero, denuncia que «o estado dos accesos peonís ao instituto son lamentables e por riba perigosos tanto pola entrada principal como pola entrada traseira». “O acceso pola entrada principal a través das beirarrúas da rúa Galego Soto ten plaquetas levantadas, outras bailan por estar soltas, algunhas están rotas ou xa son inexistentes.”
Montero indica que «o acceso pola parte traseira aínda está peor, faise a través dun dos camiños de árido compactado do parque Pablo Iglesias e denuncia que o goberno local este permitindo o acceso a este camiño a camións e furgonetas das empresas que aceden o tanque de tormentas, sen ningún control e sen buscar ningunha alternativa viable» “isto como vos podedes imaxinar produce numerosas fochancas que fan que sexa practicamente impracticable, e parte do alumnado chega as aulas cos pes mollados” mentres a parte do camiño que vai en sentido As Pías “ten unha capa de terra moi perigosa que o estar mollada convertese nunha lameira na que é case imposible aguantarse de pé o que o convirte nun perigo tanto para os rapaces como para calquera usuario do parque”.
Montero recorda que «hai uns días, a consecuencia dunha plaqueta levantada, houbo que lamentar que unha persoa da comunidade educativa tropezara a escasos metros da entrada e levase un forte golpe».
Dende a fronte nacionalista mostran «a súa preocupación o igual que a de toda a comunidade educativa e esixen que se acometan de urxencia as reparacións necesarias para non ter que lamentar ningún novo incidente»