II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón reúnen a medio milleiro de deportistas

O Concello naronés e o Club de Remo Narón organizaron a II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón, que se disputará este sábado 15, na enseada da Gándara, a partir das 16.30 horas. 

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e vogal, respectivamente, do citado club deportivo.

En canto á participación, Vidal anunciou que participarán no evento algo máis de medio milleiro de deportistas procedentes de quince clubs de diferentes concellos galegos, maioritariamente da provincia da Coruña e tamén de Lugo.

A maiores do anfitrión, o Club de Remo Narón, competirán neste trofeo, clubs procedentes de Ferrol, Mugardos, Ares, Mera, Perillo… entre outros. O percorrido pola enseada será nun tramo de 500 metros, con largos que en función da categoría –dende alevíns ata sénior e veteráns- serán ata os 2.000 metros.

O concelleiro naronés agradeceu a implicación un ano máis do Club de Remo Narón para poder organizar este evento deportivo na cidade e felicitou tamén aos representantes do club polo traballo que desenvolven ao longo do ano. Así mesmo, Santalla convidou á cidadanía a achegarse ó sábado á enseada da Gándara para animar aos participantes.

Lea también

Este jueves en As Pontes, III Carreira Greenpower Galicia que organiza la Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol

La vicerrectora del Campus de Ferrol y Responsabilidad Social, Ana Ares; la delegada territorial de …