![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/foto-portada.jpg)
Con algo de choiva e vento, pero cunha excelente temperatura, recibía o Concello de A Pobra do Caramiñal un novo Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta. Baixo a batuta de Pepe Moure, Concello e A.D.B. do Barbanza, levouse a cabo este nova edición ca presenza de marchadoras e marchadores das categorías Sub10 en adiante.
Na categoría absoluta tanto Aldara Meilán da Atlética Lucense cun rexistro de 49:17 como Juan Manuel Morales do Marineda Atlético con 43:49 cumpliron os prognósticos e impuxéronse sobre o fermoso circuito urbano pobrense. Ademáis o campión galego, lograba un novo tope autonómico M45 apenas unha semana despois de batir o récord do mundo indoor.
Xunto eles estiveron compartindo postos de honra en mulleres Mar Chillón do Celta Atletismo con 52:01 e Alba Pérez da Gimnástica con 52:41 así como Nicolás Collazo do Ames Atletismo con 46:47 e Andrés González do Celta Atletismo con 50:00 en homes.
No resto de categorías resultaron gañadoras e gañadores:
Absoluto. Aldara Meilán (At. Lucense) e Juan Manuel Morales (Marineda At.)
Sub20. Aldara Meilán (At. Lucense) e Nicolás Collazo (Ames At.-Savante)
Sub18. Icía Ares (Ourense At.) e Diego García (Celta At.)
Sub16. Paula Cela (ADAS) e Mateo Valcarcel (ADAS)
Sub14. Sara Cabado (At. Lucense) e Diego Fernández (At. Lucense)
Sub12. Deva Pallas (Beade) e Daniel Guerrero (At. Lucense)
Sub10. Laiene Iglesias (At. Lucense)
Máster35. Andrés Martínez (At. Cuntis)
Máster45. Patricia Simón (At. Cuntis) e Juan Manuel Morales (Marineda At.)
Máster50. Herminia Grande (Ourense At) e Manuel Polo (At. Narón)