![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/medalla-Hugo-Vazquez.jpg)
Tres metais, tres postos de finalistas e un récord galego Sub23 indoor, foi o balance da actuación galega no Campionato de España Sub23 que se levou a cabo en Sabadell esta pasada fin de semana.
O internacional Hugo Vázquez do Marineda Atlético, ca lección ben aprendida do pasado campionato galego, volvía repetir a medalla de prata lograda no 2024 malia que desta ocasión ademáis do subcampionato de España, voltaba cun magnífico novo récord galego Sub23 indoor de 7.88.
![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/Medalla-de-Fernando-Vallines.jpg)
Pola súa banda Fernando Vallines continúa cunha extraordinaria progresión sobre o concurso de peso. No seu debut na categoría Sub23 lograba subir ao podio na terceira posición cun mellor lanzamento de 15.38 m. que confirman a importante progresión deste lanzador.
![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/Medalla-de-Xiana.jpg)
Sen abandoar o círculo de lanzamentos, a terceira das medallas galegas viu da man da internacional Xiana Lago do Ría Ferrol que lanzaba no seu último intento ata os 13.94 m. A ceense melloraba en preto dun metro a marca lograda o ano pasado que paradoxicamente, naquela ocasión, dábanlle o título de España.
No resto de actuacións compre destacar as posicións logradas polos atletas de combinadas nas que Xoel Otero do A.A. Mazí quebada ás portas das medallas logo de rematar na cuarta posición no 4.842 puntos. Un posto máis a baixo, cunha suma de 4.767 puntos, lograba clasificarse Aitor Fernández.
Erik Fernández do Super Amara pola súa banda, accedía a final dos 200 m. que completaba con 22.20 o mesmo que David Vicente sobre os 60 valos, sexto con 8.33.