Abre o prazo de inscripción para as comparsas que queiran participar no desfile e festival de Entroido do mércores de cinza no Concello de Fene. As agrupacións interesadas en anotarse poderán facelo até ás 14.00 horas do luns 24 de febrero de 2025 no Rexistro Xeral do Concello de Fene. Formularios de inscrición dispoñibles na web municipal www.fene.gal
![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/CARTEL-ENTROIDO-2025.jpg)
O ciclo comezará o martes 4 de marzo a partir das 18.00 horas coa Festa Infantil a cargo de La Guagua e a tradicional merenda con reparto de lambetadas, coa axuda da AC O Tadetas, para todos os nenos que se acheguen disfrazados. Para rematar, e a partir das 21.00 horas, comezará a actuación da orquestra Panamá.
As actividades do Entroido continuarán o mércores día 5 de marzo coa concentración de comparsas ás 17.30 horas na rúa San Salvador (Pista Polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar un percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e rematar na Avda. do Concello.
Ao chegar á Praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento (este ano realizado pola escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira), a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (desde o Parque Castelao).