O Goberno naronés responde ás acusacións do BNG sobre unha convocatoria «dubidosa» dunha plaza do Padroado de Cultura

Nun comunicado remitido os medios este mércores o BNG de Narón expresa unha «fonda preocupación polos procesos selectivos do Padroado da Cultura ante unha nova convocatoria ‘dubidosa'».

O BNG de Narón denunciou no seu momento, como xa fixera tamén a asociación de xestores culturais, «unha bolsa de emprego publicada no BOP para un posto de traballo no Padroado de Cultura que recollían, segundo as nacionalistas, uns requisitos discutibles». “Despois de varias preguntas en pleno e de responder o concello de maneira inconsistente, denunciamos a posible non legalidade do proceso” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Desde o BNG alertaron «duns requisitos específicos na convocatoria que parecían favorecer a unha persoa en particular. O concello, de momento, ten parada a convocatoria». Alertan «dunha oferta pública nova pero deseñada parece para a mesma persoa” indican desde o Grupo Municipal. «As dúbidas recaen en que a xerencia non faga uso dos procesos legais de promoción interna (pola que se rexen as administracións públicas) perante unha xubilación para un posto de traballo que precisa coñecementos específicos do funcionamento do Padroado».

Desde o BNG lembran que «o Estatuto Básico do Empregado Público regula os principios xerais destes procesos e que as auxiliares administrativas desta área de cultura teñen a experiencia e a formación específica unha vez máis atopámonos cunha maneira de proceder pouco transparente e por iso esiximos a Marián Ferreiro que revise a convocatoria publicada ou no BNG remitirémonos á lei de Transparencia” indica Olaia ledo, portavoz municipal do BNG “alertamos de novo desde o BNG de posíbeis favoritismos como aconteceu na bolsa de emprego paralizada desde xaneiro de 2024”.

Pablo Mauriz, concelleiro de Persoal de Narón, expón, con respecto ás manifestacións do BNG sobre os procesos selectivos do Padroado da Cultura, que cómpre aclarar o seguinte:

«O persoal do Padroado da Cultura está, por lei, sometido ao mesmo réxime que o resto do persoal do Concello». «O proceso de promoción interna de persoal apróbase cada tres anos e este 2025 é precisamente o último do trienio, estando actualmente en negociación a vindeira convocatoria, na que se incluirán as prazas que corresponda».

«A taxa de reposición afecta ao persoal que se xubila, como é o caso da praza convocada no Padroado da Cultura e trátase dun proceso para repoñer os postos que quedan vacantes. É un procedemento aberto ao que se pode presentar calquera persoa que así o considere e cumpra os requisitos establecidos para cubrir ese posto. Esta taxa de reposición é a porcentaxe de vacantes no emprego público que poden legalmente ser cubertas con persoal de novo ingreso e calcúlase en función das baixas que se producisen no ano anterior», declara o concelleiro.

Lea también

IV Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou este luns 27 xunto con Samuel …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *