Entrega en Narón dos diplomas ao alumnado dos cursos do Programa de Formación

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron na mañana deste venres 24 os diplomas correspondentes a tres cursos do Programa municipal de Formación a unha trintena de alumnos.

A convocatoria desenvolveuse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As tres accións formativas, de Mantemento de vivendas, Operador/a de carrretillas e plataformas elevadoras PEMP (con certificación UNE) e Reposición, caixa e atención seccións supermercados, desenvolvéronse no último cuadrimestre do pasado ano, entre os meses de setembro e decembro.

O curso de Mantemento de Vivendas tivo un total de 400 horas de duración, con 100 de prácticas en empresa, e rematárono 7 persoas; o de Reposición, caixa e atención sección supermercados foi de 200 horas, con 100 de prácticas en empresa e 10 horas de módulos adicionais, e realizárono 14 persoas, e o de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP (con certificación UNE), de 35 horas e 15 de módulos adicionais, rematárono 14 persoas.

Ferreiro interesouse ante o alumnado pola súa experiencia persoal nestas accións formativas, tanto na parte teórica como nas prácticas que nalgún dos cursos se realizaron en empresas da zona. Así mesmo, dende o Concello ofreceuse información sobre as previsións de cursos do Programa Municipal de Formación deste ano, avanzando que previsiblemente en febreiro sairá a primeira das convocatorias, sobre Peixería e destacando que se destinarán este ano uns 500.000 euros ás accións formativas dirixidas a persoas desempregadas.

A alcaldesa e a edil de Formación felicitaron ao alumnado por rematar o curso e animáronos a facer uso dos servizos que nesta área, a través do programa Conectad@s polo emprego, se impulsa dende o Consistorio.

Lea también

226 alumnos de Narón participan nas VI Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria

Oito centros de ensino de Narón participan na sexta edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *