Ante o pasamento de Piñeiro-(Lucía Pérez)

Lucía PérezTeño o silencio bagoado e nas veas un lume rabiado». Este verso de meu irmán Vizcaíno axúdame a expresar o que eu agora sinto; unha mestura de tristura profunda e rabia que non se pode explicar con palabras.

O meu Pi, o noso Pi… porque así o sentimos. Foise una parte moi importante da miña vida profesional e tamén persoal. O seu apoio incondicional cando máis o necesitaba empurroume a seguir o meu soño, mesmo cando non había un camiño claro por diante. Piñeiro foi o impulsor de moitos artistas galegos, e entre elas estou eu.

Lembro a primeira vez que me presentou no Téquele Téquele. Tiña oito anos e dende ahí fun medrando con el ata o día de hoxe. Pero sen dúbida, un acontecemento que nos uniu aínda máis, foi o Festival de Eurovisión. Todos sabedes o eurofán que era Piñeiro; e aquel soño de representar a España non era só meu, era tamén o seu. Non vos podedes imaxinar a alegría e o orgullo que sentiu de que «a súa nena», que é como me chamaba, fora a representar a España en Eurovisión.

Agora penso que ese hito foi unha volta de agradecemento por todo o que fixo por min, polo apoio incondicional e a confianza que sempre me deu. ¡Vivimos grandes momentos!

Iso sí, quedounos pendente a nosa canción xuntos, querido Pi; pero eu seguirei cantando para ti e para o mundo. Que afortunada de que persoas tan extraordinarias e tan súper formen parte da miña vida; porque sempre seguirás conmigo. ¡Grazas amigo, por tanto!

Lea también

La UDC lidera un programa de atención psicoterapéutica. Atendió a 491 menores en situación de riesgo y desamparo en 2024

Un total de 491 niños y niñas, derivados por los Equipos Técnicos de Menores de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *