Variada axenda de ocio esta fin de semana en San Sadurdiño

Celebrarase a I Ruta Turística Igrexafeita, e as actuacións do Dúo Eclipse e DJ Sebas RGUEZ.

A primeira cita no calendario festivo de San Sadurniño vai ser este sábado 25 en Ferreira de Abaixo para honrar o San Vicente, o santo fuxidío que escapaba todas as noites da igrexa de San Paio para ir durmir á  súa cama no pico… ata que as veciñas e veciños o encadearon no templo para sempre (iso conta a tradición).

O San Vicente é xunto co propio San Paio e o San Cristovo, ambos no verán, unha das tres festas principais de Ferreira que agora se está tentando recuperar pouco a pouco despois dun intervalo de varios anos sen se celebrar.

Segundo o programa, este sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas  seguida dunha sesión vermú animada polo Dúo Eclipse. A partir das 21:30 horas este dúo volverá subir ao escenario para animar tamén a verbena, complementado na segunda metade da noite polo picadiscos local DJ Sebas RGUEZ. Durante a velada haberá varios sorteos e serviranse, ao prezo de 10€ a ración, liscos, bolas na sartén, chourizos e pan.

A cadrada quixo que a comisión de festas de Igrexafeita tamén puxese para o sábado 25 de xaneiro a I Ruta Turística Igrexafeita. Trátase dunha proba automobilística na que se deberá completar un percorrido pola comarca procurando axustarse o máis posible aos tempos de paso por cada punto de control.  Neste tipo de rutas adoitan participar coches de rúa ou clásicos que fan medias máis ben baixas e, de feito, o importante non é a velocidade,  senón a regularidade e unha boa orientación ao circular por estradas e pistas para cumprir co plan horario e rematar sen penalizacións.

A ruta, a primeira que se desenvolve con saída e chegada na parroquia,  arrancará ás 16:00 horas da parrillada María Queira (os dorsais entregaranse unha hora antes) e as inscricións poden formalizarse neste establecemento, no Bar Xambas (Moeche) e no 7 Camiños (As Pontes). O prezo son 60€ por coche, incluída a cea para 2 persoas.

Pode ampliarse información nos teléfonos 686 899 634 e 679 925 075.  A entrega de trofeos posterior á cea poralle o ramo, ademais, ao Open de Rutas Turísticas Ferrolterra 2024.

Lea también

Se convoca en Cabanas una bolsa de empleo

El Concello de Cabanas anuncia la convocatoria y constitución de una bolsa de empleo que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *