A iniciativa pretende garantir unha alimentación de calidade adaptada ás persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión.
O Concello de Cerdido incorporarase ao programa Xantar na Casa, unha iniciativa que ten por finalidade asegurar que as persoas maiores, en situación de dependencia ou en risco de exclusión poidan dispoñer dunha dieta de calidade adaptada ás particularidades de cada persoa.
Unha vez pechado este convenio, os veciños de Cerdido poderán beneficiarse dun servizo de comida a domicilio que ten como obxectivo garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión social con déficits de autonomía persoal.
Deste xeito, Cerdido sumaráse a outros municipios da súa contorna que xa dispoñen deste servizo desde hai anos. En total, son preto de 200 os concellos de Galicia adheridos a esta iniciativa, á que agora tamén se une Ortigueira no marco do seu plan para potenciar a atención social á súa poboación.
As persoas interesadas poderán solicitar participar no programa contactando co Concello no 981 411 000. Serán precisas un mínimo de cinco persoas anotadas para poder levar a cabo a iniciativa.