Inicio do Trail Running en Galicia ca presentación da proba de Terras de Burón

A tempada oficial de trail running en Galicia comeza por todo o alto, e faino co III Trail Terras de Burón o 25 de xaneiro, na Fonsagrada, enchendo o cupo máximo de atletas para este evento, con 750 inscritos.

Fuente Federación Galega de Atletismo

A proba, que foi premiada a pasada semana como o mellor trail de Galicia na Gala Anual, contará con 3 distancias trail e 1 andaina.

O “Maratón” de 40k con 2.200 positivos era a primeira distancia en esgotar prazas a principios de decembro, seguido do “Trail das Seimeiras” de 30k e case 1.700 positivos, finalizando o cupo máximo de inscritos antes do 31 de decembro co “Trailiño”.

O evento foi presentado este xoves no Concello da Fonsagrada, presidido polo concelleiro de Deportes, Silbán Rodríguez; o deputado Pablo Rivera; os responsables do Club Terras de Burón, Jorge Cancio e Mirian Gómez; e o responsable técnico da FGA para o sector de trailrunning Iván Sangiao.

No acto destacouse o impacto que este evento ten na montaña lucense, enchendo a totalidade de prazas ofertadas na proba fonsagradina.

Fuente Federación Galega de Atletismo

O nivel deportivo será importante xa que contará cos mellores atletas na distancia maratón así como estarán en xogo puntos importantes no resto de distancias de cara á Selección Galega sendo o trail de 30k puntuable para sub23 e absolutos e o trailiño de 18Km. para Sub20 e Sub18.

A nivel técnico o responsable da FGA Iván Sangiao destacou a boa xestión dos percorridos, a seguridade e fiabilidade dos mesmos, que seguro nos brindarán un espectáculo deportivo.

«É unha proba curiosa que comeza en baixada e remata en subida, será curioso unha vez máis ver o seu final, impredecible» sinalou Jorge Cancio, director do evento  

Lea también

Venta de entradas para el partido del próximo lunes entre el Elche CF y el Racing de Ferrol

Las localidades pueden adquirirse hasta el próximo jueves día 3 a las 17.00 horas. El …