Psoe Ferrol solicita celeridade na reparación da caldeira da piscina de Caranza

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol quere trasladar a súa preocupación pola situación que atravesa a piscina municipal de Caranza «que leva máis dun mes sen auga quente debido a unha avaría na caldeira. Esta situación está a xerar incomodidades entre os usuarios, que se ven obrigados a ducharse con auga fría ou a non facelo, afectando á súa experiencia nas instalacións».

«Entendemos que as avarías poden ocorrer en calquera infraestrutura, pero consideramos que o tempo transcorrido sen resolver este problema está a ser excesivo. A falta de solución tamén está a prexudicar gravemente aos clubs deportivos que empregan a piscina, tanto nos seus adestramentos como nas competicións que organizan ou nas que participan, dificultando o normal desenvolvemento destas actividades. Ademais, repercute en todos os usuarios, que ven limitada a súa capacidade para facer uso das instalacións en condicións axeitadas».

Por iso, desde o Grupo Socialista solicitamos ao goberno municipal «que priorice a reparación da caldeira, de xeito que o servizo volva funcionar en condicións óptimas canto antes».

«Ademais, cremos que sería conveniente reforzar os labores de mantemento preventivo neste tipo de instalacións, fundamentais para a práctica deportiva e o benestar da cidadanía, para evitar que este tipo de situacións se repitan no futuro».

Desde o Grupo Socialista «reafirmamos o noso compromiso coa mellora dos servizos públicos e ofrecemos a nosa colaboración ao goberno municipal para que, entre todos, logremos garantir que instalacións como a piscina de Caranza estean sempre nas mellores condicións posibles para os veciños».

Lea también

El pleno ferrolano aprueba la creación del edificio de investigación industrial de la UCD

Se situará en una parcela en la avenida de Esteiro, y contribuye a la mayor …