Doce libros ó ano, o reto de As Pontes para incentivala lectura

O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, pon en marcha a novena edición da iniciativa “O Reto Lector” destinada a fomentar a lectura entre os usuarios e usuarias de Biblioteca Municipal e entre toda a veciñanza interesada no mundo la literatura.

Fuente Concello de As Pontes

Durante o ano 2024 participaron nesta iniciativa 30 persoas adultas e 105 crianzas o que nos permitiu, no só fomentar o gusto pola literatura se non tamén aumentar o o número de préstamos da Biblioteca Municipal, aumentar o número de socios e socias e ademais tivo un impacto positivo en todas as actividades programadas desde a Biblioteca contando cun maior volume de público” apunta Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura.

Os veciños que desexen unirse a esta iniciativa, deberán ler, no caso do público infantil, 12 títulos mentres que o público adulto (a partir dos 14 anos) deberán ler 12 libros do catálogo de fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal, en ambos casos haberá unha categoría extra para aqueles lectores e lectoras que rematen o reto e queran optar a dúas entradas gratuítas para o cinema.

Co obxectivo de facilitar a elección dos títulos, establecéronse varias categorías temáticas que permitirán aos lectores e lectoras organizar as súas lecturas e o seu calendario da forma que lles resulte máis cómoda, sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.

As categorías elixidas, no caso do público infantil, son un comic, un libro sobre o amor ou a amizadeun libro de poesía, un libro cun animal na portada  e un libro-disco. Asemade terán que ler un libro sobre maxia, un libro que fose premiado, un libro sobre natureza, un libro sobre o corpo humano,  un libro que teña a nenas como protagonistas, un libro sobre xente no mundo e un libro sobre a familia.  No caso da categoría extra haberá que ler un libro adaptado a serie ou a película.

O público adulto terán que elixir 12 títulos , entre eles un cómic, un ensaio, un libro de poesía, un debut literaio, un libro dun autor ou autora das Letras Galegas e un libro de relatos.

Tamén terán que ler un título de literatura norteamericana, un libro premiado,  un título recomendado polos usuarios e usuarias da biblioteca, un libro escrito por unha muller, un libro local e un libro de misterio. No caso da categoría extra haberá que ler un libro adaptado a serie ou a película.

Co obxectivo de axudar a elixir un título para cada unha das propostas suxeridas, desde a Biblioteca Municipal realizarase unha selección de títulos que estarán a disposición dos lectores e lectoras nos andeis dedicadas ao reto lector. Os lectores que logren completar o reto, ao finalizar o ano, recibirán un recoñecemento ao seu compromiso coa lectura.

Fuente Concello de As Pontes
Fuente Concello de As Pontes

Lea también

Dos heridos, uno de ellos grave, al salirse de la vía el coche en el que viajaban, en A Barqueira

El copiloto de un Seat León que sufrió una aparatosa salida de vía en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *