Atletas de dazaseis paises acuden o sábado 18 ao I Meeting de Ourense

En Expourense tivo lugar a presentación do I Meeting Internacional de Atletismo de Ourense que contou ca asistencia de Rogelio Martínez Director Xerente de Expourense, Manuel Pérez Director Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Anibal Pereira Concelleiro de Deportes de Ourense, Cesar Fernández Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense, así como Iván Sanmartín e Eladio Gómez Presidente e Vicepresidente da FGA de Atletismo.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Durante a mesma se foron amosando os distintos aspectos deste metting que reunirá este sábado 18 a un importante elenco de atletas de nivel mundial procedentes de dazaseis paises o que contribuirá de maneira moi importante a por o nome da cidade no calendario internacional atlético.

Malia que o recinto cuberto xa dera acollida a eventos internacionais, a organización deste primeiro meeting supón a posta en escea da nosa comunidade no que a disputa de eventos atléticos internacionais indoor se refire, cubrindo unha importante demanda e colocando o nivel organizativo do atletismo galego na esfera mundial.

Rango internacional

Este meeting está incluido no Indoor Tour 2025 da World Atletics para este 2025 xunto a cidades an importantes como Praga, Dortmund, Luxemburgo, Nueva York, Nantes, ou París por citar algunhas.

Oportunidade para a promoción

De igual modo, desde a Federación quérese aproveitar a ocasión para convertir a cita nunha gran ocasión para que tamén estén presentes as categorías base do atletismo galego, organizandose previamente ao comezo do meeting, un programa de probas para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 xunto ás cales tamén están programadas probas inclusivas.

Entrada de balde

Ca finalidade de achegar a todos os amantes do atletismo o acceso a este vento, a entrada será de balde. O horario arrincará ás 16:00 horas cas probas de promoción para dar paso a partir das das 18:35 horas ás distintas probas que compoñen este cartel mundial.

Lea también

Más de 600 judocas en la 3ª jornada Liga Galicia Rías Altas de Arteixo

El AD Judo Ferrolterra desplazará más de 50 judocas entre todas las categorías para disfrutar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *