Ourense Atletismo e Real Club Celta, gañadores da Copa absoluta Indoor

Emocinonante xornada a vivida o sábado 11 durante a disputa da Copa de Clubes absoluta Indoor que tivo lugar en Expourense e na que se produciron importantes sorpresas.

As oito formacións que se presentaban en cada categoría, acudían co obxectivo de encaixar un bo encontro que puxera a proba, en moitos casos, tanto aos atletas filiales como as novas fichaxes de cara a este ano 2025. Precisamente este motivo fixo que se vivira unha importante igualdade ao longo de toda a competición que nos deixaba ao remate, grandes actuacións, moita emoción e non poucos cambios nos postos de podio.

O Celta Atletismo remata ca racha de once triunfos consecutivos da Gimnástica

Fuente Federación Galega de Atletismo

Sen lugar a dubidas a gran sorpresa foi a protagonizada polo Celta Atletismo quen foi capaz de poñer remate a hexemonía exercida pola Sociedad Gimnástica durante os últimos once anos. O equipo celeste lograba o triunfo na categoría masculina, vinteseis anos despois do último logrado do ano 1996 no Pazo dos deportes de Riazor.

O triunfo vigués cimentouse nas victorias parciais logrados por Jorge Román nos 200 m., Ricardo Cortizo nos 400 m., Adolfo Saínz-Maza en pértega, Miguel Angel Grando en peso e o equipo de relevos dos 4×400 m. que xunto ao resto de actuacións, sumaban para os intereses célticos un total de 88 puntos polos 84 do segundo clasificado, a Gimnástica de Pontevedra.

As emocións non quedaban aquí, xa que o C.A. Sada, acostumado aos títulos máster, lograba por vez primeira na súa historia un podio absoluto nesta competición logo de sumar 57 puntos polos 54 do Atletismo Santiago cos que estiveron mantendo unha dura loita ao longo de todo o encontro.

Fuente Federación Galega de Atletismo

O equipo feminino do Ourense Atletismo afiánzase.

Na categoría feminina, o Ourense Atletismo revalidaba o título logrado o ano pasado certificando a consolidación dun proxecto deportivo que comeza a dar resultados. As ourensáns lograban sumar 82 puntos con triunfos parciais de África Gómez nos 200 m., Iria Solera en altura e Manuela Blanco en pértega. A Gimnástica de Pontevedra repeteía o segundo posto cun total de 75,5 puntos sendo o terceiro lugar para o Atletismo Femenino Celta con 67 puntos.

Cabe salientar a reaparición nesta competición da plusmarquista galega absoluta e Sub23 indoor dos 400 m. Paula Iglesias do Riazor Coruña quen precisamente gañaba a súa proba cun rexistro de 56.04.

Lea también

Ames premia ós mellores do Trail Running Galego 2024

Fantástico ambente o vivido o pasado venres 10 na Casa da Cultura de Bertamiráns no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *