O BNG de Narón denuncia o estado en Aldea Nova

O BNG de Narón  través dun comunicado indica sobre Aldea Nova «inaugurouse en 2008 coa pretensión de revitalizar a zona cun desenvolvemento sostible segundo anunciaba daquela o goberno local. Despois de diferentes concesións, anos pechados, reformas e situacións graves como o estado no que se atopaban os animais que estaban no Parque Temático Integral de desenvolvemento Rural”hoxe volve a estar en estado de abandono».

O estado de abandono das instalacións foi denunciada polo BNG este verán e, desde aquela, indican «que só foi a peor». Por iso rexistraron no concello a situación actual acompañado de imaxes gráficas. Reclaman no escrito que «se actúe de maneira inmediata e vélese pola seguridade e o valor etnográfico de Aldea Nova unhas instalacións que contan con fondos europeos e unha inversión pública de máis de dous millóns de euros non pode estar abandonada e no estado lamentable na que se atopa».

«Desde o BNG cremos que Aldea Nova ten que ser unha oportunidade e un punto de encontro entre a veciñanza e non un problema” declara Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón. “Pedimos máis vontade política e menos desidia nunhas instalacións que deberan ser un exemplo de bo facer.». «Se o queren solucionar estaremos aportando ideas, se non estaremos en fronte” afirma Ledo.

Lea también

Colisionan dos vehículos en Doso, Narón, resultando con daños físicos uno de los ocupantes

La colisión de dos vehículos en el Camiño do Chao, en la parroquia de Pedroso, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *