Formoso reivindica o apoio da Diputación de A Coruña ao sector agroalimentario

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron en San Sadurniño as subvencións nominativa dirixidas ao financiamento das obras de mellora na piscina municipal e no equipamento da Fusquenlla.

Foto: Ara Bellas

Dous acordos que, en conxunto, supoñen unha achega provincial por valor de 130.000 euros para un investimento total próximo aos 230.000 euros, 64.000 correspondentes aos traballos que se van desenvolver na piscina e o seu contorno e outros 165.000 para adquisición e instalación dos aparellos do centro de transformación, que xa están instalados

A actuación que se vai levar a cabo na piscina municipal -que nestes momentos se encontra na fase de licitación- consistirá en impermeabilizar o fondo e os laterais do vaso cun novo forro de PVC de alta resistencia, co obxectivo de atallar as filtracións e outros danos que se produciron no gresite instalado hai máis de 25 anos.

Foto: Ara Bellas

A maiores da reparación do vaso,  o proxecto tamén recolle melloras no exterior, concretamente no peche perimetral de malla metálica, que se cambiará por completo, e no sistema de evacuación de pluviais dos vestiarios, onde se instalarán novos canalóns. 

O Goberno local xestionou perante a Deputación da Coruña unha subvención nominativa -aprobada no pleno provincial do pasado 29 de novembro e asinada o xoves 9 de xaneiro en San Sadurniño- que cubrirá até un máximo de 50.000 euros dos custes, é diir,  cerca do 80% do investimento previsto, cifrado en 64.083,11 euros, ive incluido.

Por outra banda, Secundino García Casal e Valentín González Formoso tamén rubricaron o acordo sobre o financiamento provincial do novo equipamento adquirido recentemente para o centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla, situado na localidade de Moeche (A Coruña). O centro A Fusquenlla está situado nunha nave do recinto feiral de Santo Ramón, en Moeche, e dá resposta á necesidade dos pequenos produtores locais da comarca para aproveitar os excedentes das súas producións, que non consomen ou comercializan en fresco, para a produción de zumes, marmeladas, conservas e outros produtos elaborados destinados á venda ou autocosumo, cos pertinentes rexistros e garantías sanitarias.

San Sadurniño foi a Administración encargada de xestionar a licitación do contrato en representación dos outros seis concellos integrantes do proxecto -Cedeira, Cerdido, Moeche, Narón, As Pontes e Valdoviño-, ademais de solicitar a través do GDR Seitura 22 os fondos europeos do programa Leader.

Foto: Ara Bellas

O investimento final alcanzou os 165.717,47 euros, impostos incluídos, cos que se mellorou considerablemente a parte dedicada a transformación e conservación agroalimentaria. Entre outro material mercouse un autoclave, unha envasadora, un muíño para a froita, un cocedor de cremas, unha lavadora-centrifugadora de verduras, unha máquina de baleiro, andeis en inox, etc. Ademais tamén se incorporou toda a maquinaria que faltaba para facer posible a entrada en funcionamento da liña de extracción e envasado do mel.

A axuda económica da Deputación ascende neste caso a 80.000 euros, na que é unha nova colaboración provincial cos concellos promotores do proxecto. Cómpre lembrar que a maior parte do investimento que se leva feito na Fusquenlla foi con fondos provenientes da Deputación e que, ademais, o centro forma parte da Rede de Espazos Coworking PEL deste organismo, co obxectivo de dinamizar a economía e o emprego local.

Formoso, en el transcurso de la visita. – DIPUTACIÓN

A sinatura dos convenios nominativos en favor do Concello de San Sadurniño -por un valor total de 130.000 euros- foi seguida dunha visita á parroquia de Santo Mariña do Monte, onde visitou a granxa A Esperanza, pertencente á Cooperativa Agraria Provincial (CAP) da Coruña, propietaria tamén de marca ‘Bico de Xeado’, onde estivo acompañado do seu presidente, José María Cal.

Formoso destacou que se ía «cun gran sabor de boca, tendo en conta que hai unha explotación de case 700 cabezas de gando, que aposta pola calidade, polo reforzo de servizos técnicos propios, polas persoas na explotación das granxas e que se complementa con robotizacións que axudan a facer o labor diaria máis levadía«, xa que dá emprego a oito persoas.

Lea también

Cariño despide unas Navidades llenas de actividades para todos los públicos

La programación municipal incluyó más de una decena de actividades desde el pasado mes de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *