Proclamados en Fene os finalistas do «XXX premio de novela longa Blanco Amor»

O xurado, reunido na tarde do  venres na Casa do Concello de Fene, acordou, por maioría, Proclamar finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas baixo o título: Dióxenes en Dolorida e Tara.

O Xurado

Na tarde do  venres, día 23, reuniuse na Casa do Concello de Fene o xurado encargado de fallar a trixésima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor presidido pola Concelleira de Cultura, Rocío A. Bértoa Puente e formado por Xosé Mª Dobarro Paz (catedrático da Universidade da Coruña), Miro Villar (poeta e crítico literaio); Marga Romero (escritora e crítica literaria) e Manuel Lourenzo González (escritor e gañador da anterior edición do Blanco Amor), actuando como secretario o coordinador técnico do Premio, Daniel Romero.

O Xurado salientou a participación das cincuenta e catro obras que concorreron a esta XXX edición, deixando constancia do importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación previa e que dá a medida do interese e importancia da convocatoria do Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”.

Logo das oportunas deliberacións, o Xurado acordou proclamar, por maioría como finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas cos títulos: Dióxenes en Dolorida e Tara.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, no decurso dunha gala que se desenvolverá no local da SCRD Agarimo de Sillobre e que contará coa actuación do grupo de jazz Cool Hamnster

 

Lea también

La Cofradía de pescadores de Barallobre presenta la Fiesta del Marisco 2026

La Cofradía de Pescadores de Barallobre invita a toda Galicia a acercarse los días 22 …