Gran éxito na celebración da II Feira do Queixo de Sillobre (Fene)

O evento estivo organizado pola Gandaría Sillobre e a Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Agarimo.
 
II Feira do Queixo de Sillobre | Foto. cedida
Esta pasada fin de semana a parroquia de Sillobre (Fene) acolleu a segunda edición da súa Feira do Queixo. Un total de 11 firmas do sector lácteo déronse cita no adro da igrexa de Santa Mariña ata as 18:30 horas, nun espazo que tamén incluiu mostras de cestería, coiro e artesanía.
 
II Feira do Queixo de Sillobre | Foto.cedida
II Feira do Queixo de Sillobre Foto.cedida
 
A oferta gastronómica incluíu as catro D.O.P. galegas, opcións ecolóxicas, queixos foráneos, mel, produtos variados de alimentación, pan e o tradicional polbo.
 
Feira do Queixo de Sillobre | Foto. cedida
O apartado culinario complementouse coa demostración en vivo de José Loureiro, profesor da Escola de Cociña Icook de Fene, quen elaborou unhas propostas exclusivas tras o éxito obtido na edición anterior co seu rissoto de cogomelos e os ñoquis recheos de queixo local.
 
 

Lea también

A Xunta financia en Somozas unha instalación de subministración de combustible para vehículos agrícolas

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde das Somozas, Juan Tembrás, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *