A Deputación invirte 0.5M€ na mocidade en bolsas para proxectos de investigación

Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso co talento da mocidade da provincia coa entrega de 48 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos e proxectos de investigación, cunha dotación económica de 10.000 euros cada unha.

Este investimento, que suma un total de 480.000 euros, “busca recoñecer, impulsar e apoiar o talento da nosa mocidade, contribuíndo á formación de excelencia das novas xeracións”, afirmou o titular do goberno provincial, Valentín González Formoso, que presidiu esta semana a recepción aos bolseiros no salón de plenos da institución provincial, na que participou tamén a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, e os portavoces dos grupos políticos da corporación provincial.

Das bolsas concedidas, 20 están destinadas a financiar proxectos de investigación en ámbitos como as ciencias da saúde, as humanidades, as ciencias sociais, xurídicas ou de xénero, e a enxeñería e arquitectura. Por outra banda, as 28 bolsas artísticas permitirán que novos talentos da provincia completen a súa formación en danza, música, cine, artes plásticas ou escénicas en centros de alto nivel de fóra de Galicia e do estranxeiro.

Ao longo dos anos, estas bolsas permitiron mellorar a formación de centos de mozas e mozos coruñeses en cidades como Madrid e Barcelona ou en centros de Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido ou Países Baixos.

Nos últimos anos, a Deputación incrementou tanto o número como a contía destas axudas, que pasaron de 40 bolsas de 8.000 euros a 48 bolsas de 10.000 euros. Esta aposta pola formación e polo desenvolvemento do capital humano é, segundo destacou o presidente da Deputación, «o investimento máis rendible que pode facer unha institución».

O programa de bolsas artísticas conta cunha longa tradición, e inclúe a figuras como Isaac Díaz Pardo, Modesto Brocos ou Eugenio Granell, que tamén foron bolseiros da Deputación no seu día.

«A formación que adquirides grazas a estas bolsas non só beneficia ás vosas carreiras profesionais e artísticas, senón que tamén son un activo para o conxunto da sociedade galega, permitindo que as vosas capacidades revertan no futuro nas nosas empresas, institucións e no desenvolvemento do noso país«, sinalou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Ademais destas bolsas, a Deputación da Coruña destina anualmente outros 158.000 euros en 45 bolsas para apoiar aos mellores deportistas da provincia, consolidándose como un referente no apoio ao talento en todas as súas vertentes.

Lea también

Alerta naranja por temporal costero desde el mediodía de este domingo en la costa noroeste

La Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de la Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *