Axenda en Narón do 19 ao 23 de decembro de 2024

Xoves 19 de decembro de 2024

Actividade: El Cascanueces Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

O Ballet de Kiev estará en Narón con esta proposta de ballet clásico de hora e media de duración. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Venres 20 de decembro de 2024

Actividade: Presentación do libro “21. Solamente”, de Raquel Villanueva Lorca Hora: 18:30 Lugar: Biblioteca municipal

A escritora Raquel Villanueva presentará a súa novela, publicada pola editorial Loto Azul o pasado mes de setembro. A escritora naronesa Isabel Ramos acompañará á autora, que fala na súa obra, marcada pola experiencia profesional da autora en xeriátricos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Sábado 21 de decembro de 2024

Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello

O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). Os nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: XIV Xornada Moteira Solidaria Hora: Saída ás 16:30 horas da praza de Galicia e chegada moteira con
Papá Noel ao mesmo punto ás 17:15 horas.

O Concello e o Motoclub Fojeteiros organizan esta convocatoria, cunha ruta turística en moto pola cidade para recoller a Papá Noel e que se poida reunir coas nenas e nenos baixo a carpa da Praza de Galicia, onde haberá propostas infantís trala chegada de Papá Noel. Haberá un punto para poder deixar xoguetes, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Actividade: Tardes Xuvenís Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa dirixido a menores de 12 a 16 anos e con varias propostas de lecer, algúns deles obradoiros que requiren inscrición previa. As actividades son de balde.

Actividade: The góspel legend tour Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía The Mississippi Mass Choir trae un ano máis a Narón esta xira. As entradas están esgotadas.

Domingo 22 de decembro de 2024

Actividade: Mercado de Segunda man Hora: De 10:30 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 19:00 horas Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

Un total de setenta postos de venda participarán nesta convocatoria, na que se habilitará un punto para a recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. A entrada é de balde.

Actividade: Campionato de dúatlon por equipos de Narón Hora: A partir das 11:00 Lugar: Río do Pozo (zona do sector IV)

O Concello colabora coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón e a Federación Galega de Tríatlon na organización desta convocatoria.

Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello

O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). As nenas e nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: Tardes Xuvenís Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa dirixido a menores de 12 a 16 anos e con varias propostas de lecer, algúns deles obradoiros que requiren inscrición previa. As actividades son de balde.

Luns 23 de decembro de 2024

Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello

O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). Os nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.

Actividade: Tardes Xuvenís Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este programa dirixido a menores de 12 a 16 anos e con varias propostas de lecer, algúns deles obradoiros que requiren inscrición previa. As actividades son de balde.

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en el Campeonato Gallego indoor

A lo largo de este pasado fin de semana se celebró en el pabellón de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *