Chega a Ares O ‘western’ á galega de ‘Vaites, rapariga’ cargado de comedia negra

Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo aterrarán en Ares cun espectáculo moi particular: un ‘western’ que narra as historias e melodías do Noroeste de Galicia, as formas que teñen os galegos de buscarse a vida, enfrontarse aos conflitos e explorar o territorio, todo aderezado baixo unha estética das películas de vaqueiros.

O espectáculo, organizado pola concellaría de Cultura de Ares no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarse este venres 20 de decembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana para un público maior de 16 anos.

Así, incorporando unha base sonora con voz, pandeireta, guitarra e loops, Tarabela Creativa levará aos espectadores a cabalo entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste Galego, sen esquecerse do humor negro, o surrealismo e a emotividade. Dispararán indiscriminadamente as súas historias, atracarán coa súa guitarra e farán rir coa narración oral nesta proposta tan singular.

Lea también

A Deputación da Coruña despídese de Madrid Fusión poñendo en valor o ‘Silicon Valley’, a enogastronomía da provincia

A Deputación da Coruña pechou a súa participación en Madrid Fusión 2026 amosando o que …