Narón acolle a presentación do libro “21.Solamente”, de Raquel Villanueva Lorca

A Biblioteca municipal de Narón acolle este venres 20 ás 18:30 horas a presentación da obra “21. Solamente”, de Raquel Villanueva Lorca, natural de Ponferrada (León) e actualmente residente na vila de Mugardos.

A edil responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que a convocatoria se desenvolverá na sala multiusos da planta soto e contará coa asistencia da tamén escritora Isabel Ramos Breijo, que falará con Villanueva sobre os temas que centran a súa publicación. O acto é aberto á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade da sala.

O libro, publicado pola editorial Loto Azul o pasado mes de setembro, baséase na experiencia profesional da autora en xeriátricos, que reflicte con sensibilidade a vida cotiá e as reflexións dunha muller ingresada nun destes centros.

A obra mergúllanos nos sentimentos de amor, nostalxia e ilusión, pero tamén nas preguntas fundamentais sobre a identidade, a perda e a invisibilidade das persoas maiores.

Raquel Villanueva combina a súa traxectoria como auxiliar de enfermería coa súa paixón pola escrita. O seu percorrido literario inclúe obras como La decisión de Elsa (2007), La cruz del sur (2015) e La ecuación más bonita del mundo (2022), ademais de numerosas colaboracións en obras colectivas. É membro de GAF, AGER e do Club Petronio, e colabora con varias revistas culturais.

Lea también

70 postos participan no “XV Mercado de 2ª man” en Narón, Sedes

A décimo quinta edición do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón celebrarase …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *