As Pontes adquire o colexio Pardo Bazán

O equipamento será cedido á Deputación da Coruña para a construción dunha residencia de persoas maiores. O proxecto vai contribuír a revitalizar o barrio e mellorar a contorna da rúa Pardo Bazán.  

Fuente Concello de As Pontes

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, asinaba na mañá deste venres 13, ante notario, no local da Asociación Veciñal “A Choupana” a compra, por parte do Concello, das instalacións do antigo colexio Pardo Bazán así como a parcela, de 7.350 metros cadrados, na que se encontra situado dito inmoble, que será cedida á Deputación da Coruña para a construción dunha residencia de persoas maiores.

Este equipamento, pertencente ao grupo inversor ferrolán Bellón y Cía. S.A. foi adquirido polo Concello das Pontes por un importe de 315.000 € tras ser aceptada a taxación do arquitecto municipal.

Durante este acto, o rexedor local apuntaba a importancia desta sinatura que «significa poñer a primeira pedra para un proxecto que vai ser punteiro na nosa Comunidade Autónoma e que vai a ser posible grazas á Deputación da Coruña, promotora dun novo equipamento social necesario na nosa vila que contribuirá a mellorar a calidade de vida e as prestacións para as persoas maiores».

Nese sentido, González Formoso, lembrou que nas Pontes se porá en marcha “un novo modelo de residencia públicas para persoas maiores, innovador en Galicia, máis achegado e personalizado, con centros máis pequenos e de ámbito comarcal que permitan evitar o desarraigo que supón que moitas persoas maiores teñan que pasar a última etapa das súas vidas a moitos quilómetros da casa e dos seus seres queridos e encerrados en macrocomplexos masificados e pouco humanizados, ou pagar residencias privadas con tarifas moitas veces inasumibles para as familias”

Así, As Pontes será o primeiro municipio da provincia no que se testará o novo modelo residencial cun centro piloto, que contará cun maior número de traballadores en función do número de residentes no centro para garantir plans de atención totalmente individualizados, nun entorno máis amable e acolledor, con habitacións individuais, espazos e actividades de convivencia interxeneracional abertos á comunidade, nos que se contará coa colaboración do tecido asociativo local, centros de ensino e familias para rachar co illamento que moitas veces sofren os maiores nestes centros.

A aposta pola innovación será outro dos eixes diferenciais da residencia de persoas maiores das Pontes, con novas tecnoloxías tanto para mellorar a vida das persoas residentes no centro como do persoal traballador. Domótica, sistemas de telemedicina, alumeado e climatización intelixentes, peches de contacto ou con datos biométricos, sensores de movemento e presenza, novos sistemas de rehabilitación física e cognitiva con base tecnolóxica ou incorporación de asistentes virtuais son algunhas das cuestións que se planean incluír no centro.

Tamén se innovará en cuestións como o acceso de familiares e amizades, que será aberto para permitir compartir tempo cos seres queridos e incluso acompañalos en determinadas situacións nas que sea preciso, e valoraranse cuestións como a posibilidade contar con horta ou permitir a presenza de animais domésticos dentro do complexo residencial, tendo en conta a procedencia rural de moitas das persoas usuarias do centro, así como as vantaxes que proporciona o coidado de plantas e animais na prevención do deterioro físico e cognitivo.

Fuente Concello de As Pontes

Este novo modelo de residencias establece un modelo de atención e intervención social chamado de 5ª xeración, que supera os antigos modelo de asilo, hospital ou residencia, baseados en contornos moi institucionalizados e cunha cultura asistencialista, por un novo modelo que xa está a desenvolver en países nórdicos como Dinamarca ou Suecia, centrado na persoa, que respecta a súa autonomía, vontade, decisións e preferencias nun espazo multiservizo e de carácter aberto e comunitario, onde as persoas da contorna podan acceder a el para gozar de certos servizos e as persoas residentes podan desenvolver tamén actividades fóra do centro asistencial.

Por outra banda, o alcalde tamén remarcaba que o proxecto vai contribuír a revitalizar o barrio e mellorar a contorna, así «a construción deste novo equipamento permitirá ampliar as rúas, estreitas e perigosas, con pouca visibilidade, que rodean o colexio, demoler o muro que rodea a parcela e que divide o barrio en dúas zonas e crear novos espazos e zonas de lecer e ocio así como equipamentos que aumentarán a calidade de vida da veciñanza da Pardo Bazán e de todos os veciños e veciñas das Pontes»

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *