Sociedade Cultural Areosa celebra o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario

 

A Sociedade Cultural Areosa celebra este domingo día 15 o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario a favor de Cáritas Parroquial de Nosa Señora dos Desamparados.

O encontro dará comezo ás 18 horas e terá lugar na Igrexa de Piñeiros, Narón. Nesta edición contará coa participación das seguintes agrupacións: Rondalla Mugardesa, Coral Chorima de Castro, Coro Parroquial Nosa Sra. Dos Desamparados e a Coral Areosa. A entrada é de balde.

Durante o festival recolleranse donativos e levaranse a cabo diferentes sorteos para recadar fondos a favor da Cáritas Parroquial.

Lea también

Últimos días para inscribirse no curso de ‘competencias clave’ do Plan Municipal de Formación en Narón

O Concello de Narón lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para o curso …