“Moito coidado” da Deputación promove a prevención das ITS cun enfoque de xénero

O alumnado do IES Rafael Puga Ramón foi testemuña da estrea do spot “Moito coidado”, que forma parte da campaña impulsada pola área de igualdade da Deputación para previr as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) cun enfoque de xénero. A deputada de igualdade, Soledad Agra, acompañada do director do centro, Pablo González, e da técnica de igualdade, Eva Ovenza, foi a encargada de presentar o proxecto “que vai máis aló do 25N, desenvolvendo actividades durante todo o ano”.

Fuente Diputación de A Coruña

Agra referiuse ao incremento das ITS, que “debe ser analizado como violencia de xénero, xa que estas situacións están, na maioría dos casos, vinculadas a prácticas de risco e enganos”. Neste sentido, falou da “falta de educación sexual” como unha das causas. “A principal fonte de información da mocidade é a pornografía, que promove os roles patriarcais e comportamentos machistas”, sinalou.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Pola súa banda, os coordinadores da campaña, Judit Cabana e Carlos Álvarez, de FEMUR, explicaron o enfoque da campaña. “Desde unha perspectiva crítica, os homes adoitan asumir identidades de risco, normalizando comportamentos que priorizan accións sen considerar emocións ou consecuencias. Por outro lado, as mulleres enfróntanse a presións sociais que fomentan o falso consentimento, a abnegación e a aceptación de comportamentos que derivan en sentimentos de culpa e indefensión. Estes comportamentos de risco, manipulación e engano son considerdos como violencia de xénero con impacto directo no contaxio das ITS”.

O obxectivo da campaña é, precisamente, “visibilizar estas condutas como a verdadeira orixe do problema, rexeitando culpar ás vítimas e promovendo unha resposta construtiva baseada na Ética dos Coidados”.

Baixo o lema “Mudemos a violencia por coidado”, esta iniciativa que se enmarca en “De fronte” utiliza o concepto polisémico de ‘coidado’, que fala tanto do problema como da solución. Ademais das pezas audiovisuais, inclúe material divulgativo e de difusión, dispoñible para todos os concellos, entidades e persoas en defronte.gal.

Tamén se levarán a cabo accións formativas de educación afectivo sexual cunha perspectiva feminista entre a mocidade nos vindeiros meses.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

La reserva de los embalses gallegos asciende al 60,7%

Los embalses gallegos cuentan con 2.256 hectómetros cúbicos acumulados de agua, lo que supone el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *