Ares acolle a charla ‘Estilo de vida nas persoas afectadas polo cancro’

A vila aresá acolle a segunda charla dentro da Academia AresXSalud, o amplo programa educativo do Concello para aprender a incorporar hábitos saudables no día a día. Desta volta, organizarase a ponencia ‘Estilo de vida nas persoas afectadas polo cancro’ o vindeiro 13 de decembro ás 19:00 horas.

A sesión estará dirixida polo experto José Barcia Tucceli, psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes, e da súa man realizarase unha panorámica dos compoñentes do estilo de vida dos homes e mulleres cunha afectación oncolóxica, amais de entender o impacto da fatiga crónica e as formas de xestionala.

Barcia Tucceli tamén afondará, entre outras cuestións, nas opcións de exercicio físico adaptado para a redución desta fatiga e a mellora do benestar das persoas que loitan contra o cancro.

A charla destínase tanto á poboación xeral como á veciñanza que padeza fatiga crónica ou estea afectada polo cancro. O acceso é libre, sen necesidade de reserva previa.

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …