Narón conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos

O Concello de Narón acolleu na tarde deste martes 10 ás 17:30 horas, o acto institucional organizado con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que tamén acudiron os edís María Lorenzo, Gonzalo Iglesias, Beatriz Mosquera e Silvia de Arriba e representantes da Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor); da Asociación Sociocultural ASCM; da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra; da Confederación Galega de Persoas con discapacidade (Cogami) e da Asociación de Pais de Nenos con problemas Psicosociais (Aspaneps).

O acto desenvolveuse no salón de plenos, onde a rexedora local deu a benvida ás persoas participantes para, a continuación, ler unha declaración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se conmemora cada 10 de decembro, o mesmo día que no ano 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A rexedora local recalcou que dende o Concello se quere continuar traballando coas entidades “co fin de avanzar cara a un mundo máis igualitario e sostible”. Ferreiro explicou que a través deste acto “queremos manifestar o noso compromiso coa protección e o respecto dos dereitos fundamentais das persoas, a súa dignidade e a igualdade entre homes e mulleres”.

A continuación tomou a palabra a presidenta da Asociación Cultural ASCM, Paula Gárate, que realizou algunhas reivindicacións do colectivo de persoas discapacitadas e incidiu na importancia de que todas as institucións aporten recursos para solventar os problemas aínda existentes de accesibilidade para “conseguir esa inclusión que todos queremos”.

A última das intervencións correu a cargo de Verónica Leiras, integrante da directiva de Aspaneps, que recordou a necesidade de atender todas as discapacidades, non só as físicas. A maiores, asegurou que o día de hoxe é “unha data que nos empodera a todas as persoas” e recordou que Aspaneps se creou no seu día “para atender á infancia máis desfavorecida”.

O acto rematou coa proxección dos vídeos “Un mundo cheo de diversidade” e o making off da campaña “Eu sumo”, unha recompilación do traballo levado a cabo nalgunhas das iniciativas de sensibilización realizadas dende o Concello de Narón en colaboración con diversas entidade

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el II Trofeo Nadal

Este sábado pasado en Corme el II Trofeo Nadal para categorías hasta sub18. Esta competición, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *