Recepción na Deputación ás participantes no Congreso Intl de Mulleres Electas “As Elixidas”

A deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, recibiu no salón de plenos da Deputación da Coruña a unha delegación das alcaldesas e concelleiras participantes no congreso internacional “As elixidas”, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Deputación e a Fegamp, que durante os vindeiros dous días reúne na Coruña a políticas locais procedentes de Cabo Verde, Mozambique, Brasil e Galicia.

Rosa Ana García deu a benvida ás participantes á provincia da Coruña e destacou a importancia de promover a participación das mulleres en política, “un ámbito no que aínda temos un longo camiño por avanzar” e de contar con foros como este encontro “que nos permiten o diálogo, o intercambio de experiencias e reflexións sobre a participación da muller na política, especialmente no ámbito municipal”.

Pola súa banda, a representante do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Andrea García, afirmou que “pensamos que nos países europeos temos cotas de representación feminina superiores, pero os datos amosan que non sempre é así”, apuntou.

Durante os vindeiros días, as participantes no Congreso debaterán sobre cuestións como as metas e desafíos das mulleres na toma de decisións no ámbito local, a promoción de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero ou o rol das mulleres electas na política local.

Programa das xornadas:

https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/AsElixidas_programa.pdf

Lea también

Galicia estará este lunes en alerta naranja por temporal costero, con actividad deportiva suspendida

La Xunta de Galicia ha activado para este lunes la alerta naranja por temporal costero …