Ares loce o seu calendario municipal 2025 cos premiados no VIII Concurso de Fotografía Xuvenil

A Alianza Aresana acolleu a entrega dos premios do VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, no marco dun acto no que tamén se presentou o Calendario Municipal de 2025 que integra as intantáneas das gañadoras deste certame, Laura R. Fernández Loza e Clara Martínez Rouco, así como dos seus finalistas Mariana Espinosa Borbón, Martina Mayobre García e Leo Ramil Iglesias.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, estendeu os seus parabéns a gañadores e finalistas, mais tamén á mocidade que se animou a participar e, polo tanto, a capturar o municipio aresán dende unha ollada persoal, buscando recoñecerse nas paisaxes e espazos do seu arredor.

Asimesmo, Barrón agradeceu a involucración de Yolanda Castro, da comunidade educativa do CPI As Mirandas, e de Marcos López Alonso, da Asociación de Fotografía de Ferrolterra, coma compoñentes do xurado desta oitava edición do concurso.

Coma se lembrou no propio evento, o calendario municipal xa está dispoñible na Biblioteca Municipal de Ares para toda a veciñanza que o desexe.

 

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …