Inscrición aberta en Narón nun obradoiro de Nadal para menores a partir de 4 anos

A Biblioteca municipal de Narón abre este martes ás 16:00 horas o prazo de inscrición no obradoiro de Nadal que se desenvolverá o sábado 14 nas citadas instalacións. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, avanzou que se trata dunha proposta dirixida a menores a partir de 4 anos.

Os nenos terán a oportunidade de elaborar obxectos decorativos para adornar os seus fogares durante estas festas. O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas. Para poder participar é preciso que os menores teñan os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes.

As prazas poden reservarse presencialmente na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

Lea también

A Biblioteca de Narón abre o martes 10 o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi»

A Biblioteca municipal de Narón abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil …