Formoso destaca no Día da Constitución o valor do consenso fronte á crispación política actual

Censura os discursos de odio e intolerancia “que socavan a confianza da cidadanía nas institucións” e reivindica a “boa política, que consiste precisamente en tender pontes co obxectivo de lograr o ben común”

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, subliñou no acto conmemorativo do 46 aniversario da Constitución Española celebrado no Pazo de Mariñán, a vixencia dos valores de diálogo, consenso e convivencia que inspiraron a Carta Magna de 1978. Nun momento de crecente crispación política, chamou a recuperar o “espírito do 78” como guía para afrontar os retos do futuro.

Fuente Diputación de A Coruña

No acto, no que participaron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, o presidente lembrou que a Constitución foi o resultado dun pacto “amplo e xeneroso” tras décadas de ditadura, que permitiu construír un marco de convivencia democrática baseado na liberdade, a igualdade e a solidariedade. “Foi un exemplo de altura de miras e xenerosidade por parte de representantes políticos de posicións non só dispares, senón históricamente enfrontadas, que puxeron o ben común por enriba dos intereses partidistas”, destacou.

Fuente Diputación de A Coruña

No contexto actual, marcado pola polarización e confrontación permanente, o presidente alertou dos perigos do «tacticismo do canto peor, mellor; os discursos de odio e a intolerancia, que socavan a confianza da cidadanía nas institucións” e “perpetúan a idea de que as diferenzas son insalvables”.

En contraposición, reivindicou a política que, “na súa esencia máis nobre consiste precisamente en tender pontes co obxectivo de lograr o ben común”.

Fuente Diputación de A Coruña

Tamén puxo en valor o carácter inclusivo da Constitución, que garante dereitos e liberdades a todas as persoas, mesmo a quen discrepa ou a cuestiona. «A súa grandeza reside en ser un marco plural e aberto, que serve de base para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria», afirmou.

Finalmente, o presidente apelou a adaptar os valores constitucionais aos desafíos do século XXI, como a transición enerxética, o reto demográfico ou a protección do Estado do Benestar. “A celebración deste aniversario non debe ser só unha ollada ao pasado, senón unha inspiración para afrontar os retos de futuro con unidade e entendemento”, concluíu.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Tres médicos residentes gallegos ampliarán su formación con el Fondo de Ayudas de la Fundación María José Jove

La ferrolana Camino González González, residente de tercer año en el CHUO es uno de …