O Concello de Narón recibe a visita do alumnado do CPI do Feal

Alumnado de sexto curso de educación infantil do colexio do Feal desprazouse este martes 3 ao Concello de Narón para participar no programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola.

Os menores, unha vez no salón de plenos, visionaron un vídeo sobre a cidade, o funcionamento da administración local, as parroquias e barrios de Narón, para posteriormente, trala chegada da alcaldesa, Marián Ferreiro, interesarse por varios temas vencellados á cidade e ao seu traballo diario.

Os nenos explicáronlle á alcaldesa que lles gusta facer cando non están no colexio, as actividades que practican e tamén lle propuxeron algúns novos proxectos para a cidade. Finalmente, antes de abandonar o salón de plenos, realizaron unha fotografía de grupo e tamén no photocall da abella Nara.

Marián Ferreiro entregoulles como agasallo unha gorra e tamén unha carpeta cunhas fichas da abella Nara e uns lápices de colores. Os menores percorreron tamén outras dependencias municipais, como as da Policía local, antes de regresar de novo ás aulas.

Lea también

Inscrición nos Campamentos Culturais de verán en Narón

O prazo de inscrición nos campamentos culturais de verán do Pazo da Cultura de Narón …