Propostas da Agrupación Instrutiva Caamouco para este Nadal

O Nadal vívese na Agrupación Instrutiva Caamouco AIC por todo o alto. A sociedade deseñou para este 2024 unha ampla programación, con propostas diferentes e pensadas para todos os públicos.

O prato forte do programa é a terceira edición do Merca Talento, o mercado de Nadal de proximidade que se celebrará os días 7 e 8 de decembro e que nesta ocasión incorpora novos postos e actividades paralelas para ofrecer unha proposta máis variada e atractiva.

No marco deste mercado de proximidade terá lugar un dos momentos máis agardados deste ano: o acendido dun decorado na fachada do centro social da Agrupación Instrutiva. Trátase da primeira vez que o exterior do edificio se decora polo Nadal, co obxectivo de fomentar a unión da veciñanza a través deste acto. Ao remate ofrecerase unha chocolatada de balde para todas as persoas que acudan.

Tamén dentro do Merca Talento ofrecerase un obradoiro de miyuki, tanto o sábado como o domingo pola mañá. Nel, os participantes poderán elaborar dous colgantes con iniciais ou debuxos a elixir, que serven para pendurar nos móbiles, bolsos, mochilas ou cazadoras. O prezo é de 16 euros para socios e 19 para non socios, cos materiais incluídos. As inscricións pódense facer no 686 53 57 73.

A programación do mercado de Nadal complétase coa actuación o domingo 8 pola mañá do grupo de gaitas Retrincos e o sorteo dun vale de compra de 50 euros entre toda a clientela que acuda durante a fin de semana.

A programación do Nadal continuará o sábado 14 de decembro, a partir das 16:30 horas, cun obradoiro infantil de sobremesas. A rapazada poderá elaborar turróns, mazapáns e galletas. O prezo é de 11 euros socios e de 14 euros os non socios, con materiais incluídos. Neste caso as inscricións poden facerse no 626 10 72 31.

Por último, o día 22 de decembro a partir das 18:30 horas, celebrarase o tradicional Concerto de Nadal, nesta ocasión coa visita da Rondalla Añoranzas. Trátase dunha proposta aberta ao público xeral.

Concurso de postais

Ademais, dentro da programación de Nadal, este vernes remata o prazo de presentación de propostas para a quinta edición do concurso de postais de Nadal que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco.

Os niveis de participación mantéñense polo xeral en niveis semellantes a anos anteriores. Os gañadores das dúas categorías (ata 7 anos e de 8 a 12) daranse a coñecer nos vindeiros días, unha vez o xurado composto polos dezaseis membros da Xunta Directa desvelen o seu veredicto.

Lea también

Galeatro abrirá el próximo 21 de agosto en Muxía el proyecto ‘Os Muíños no camiño’

Galeatro lanza este mes su proyecto ‘Os muíños no camiño’, una iniciativa que mezcla las …