Inscrición aberta en Narón nun curso de Soldadura

A edil de Formación de Narón, Natalia Hermida, informou de que as persoas desempregadas interesadas en realizar o curso de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo MIG/MAG (nivel II) poden aínda anotarse na Oficina de Emprego ubicada no edificio administrativo da Xunta en Ferrol, na Praza de España.

Trátase dun dos cursos AFD (Accións Formativas para persoas Desempregadas) concedido ao Consistorio pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración -de competencia profesional e con certificado profesional (grao C)-. Este curso forma parte das oito homologacións acadadas polo Concello.

A edil naronesa recordou que o curso, cunha duración de 568 horas, se impartirá no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 13 de decembro ao 12 de maio de 2025. As clases serán en horario de mañá, de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 e a acción formativa inclúe 80 horas de formación en empresa.

As persoas desempregadas interesadas en realizar esta formación para o emprego deben dirixirse á oficina de Emprego de Ferrol centro, como xa se indicou, ou inscribirse a través da web de emprego da Xunta, no enlace: https://emprego.xunta.gal/portal/es/busca-formacion.html (na familia de fabricación mecánica, no curso co código: 2024/002021-01).

Unha vez realizada a inscrición no curso convocaranse para realizar a proba de selección, programada para o vindeiro 5 de decembro ás 9:00 horas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *