Ana Varela presenta na biblioteca de Valdoviño a súa novela “Runrún”

A escritora Ana Varela presentará este venres 29 en Valdoviño «Runrún», a súa primeira novela. Será a partir das 19:00 horas, na Biblioteca Municipal, tras o primeiro encontro do Foro Galego Literario deste ano, no que participa dende as orixes do proxecto municipal. O acto está aberto á participación da veciñanza, con entrada libre ata completar aforo.

A autora, recoñecida poetisa moi vencellada ao noso municipio, debuta como novelista coa Editorial Galaxia. Licenciada en Tradución e Interpretación, exerce como tal na Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En 2017, gañaba co seu primeiro libro, «Asombrario», o XXI Certame de Poesía Francisco Añón, e en 2019, o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario «Onde nacen as hedras».

Segundo avanza a escritora, «Runrún» é a historia de Uxía, que tras a prematura morte dos seus pais e o episodio psicótico que sofre a súa irmá Aldara, debe facerse cargo soa da situación. Unha xanela á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.

Ao remate da presentación, Ana Varela asinará exemplares da súa obra.

Lea también

Las IV jornadas Micológicas de Neda concluyen con la visita al área recreativa de Maciñeira

Una decena de personas ha participado en la mañana del sábado 30 en la tercera …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *