A Biblioteca de Narón abre inscrición no espectáculo de narrativa “Un rapaz de aldea”

A Biblioteca abre este martes 26 o prazo de inscrición no espectáculo “Un rapaz de aldea”, unha proposta de narración oral dirixida a público infantil e familiar.

A concelleira responsable da área indicou que para poder asistir é preciso que os menores teñan os catro anos cumpridos e reservar praza, a partir das 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

O espectáculo dará comezo ás 11:00 horas e correrá a cargo de Caxoto. Os participantes desfrutarán dun percorrido pola súa propia infancia na aldea dos anos 90, na que Caxoto mestura as súas lembranzas coas de Balbino, o protagonista da obra de Xosé Neira Vilas, nunha viaxe pola vida dos nenos e nenas de aldea de onte e de hoxe.

Trátase dunha proposta inesquecible para descubrir, rir e aprender sobre a Galicia rural a través da narración oral.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …