Fene informa sobre o cobro polo tratamento de augas residuais

Trátase da aplicación dunha ordenanza fiscal posta aprobada en 2014, pero que non fora posta en marcha até o de agora. Os recibos pendentes desde 2021 cobraranse de forma progresiva.

O Concello de Fene quere aclarar á veciñanza as dúbidas xurdidas arredor do cobro polo servizo de depuración de augas residuais. Este cobro responde á aplicación efectiva dunha ordenanza fiscal aprobada no 2014, que non fora implantada até o de agora. A diferenza de Fene, os concellos veciños de Ares e Mugardos, que tamén empregan a mesma depuradora, levan unha década aplicando este cobro por un servizo compartido entre os tres municipios e a Xunta de Galiza.

O recibo emitirase trimestralmente a través do Servizo de Recadación da Deputación da Coruña, co obxectivo de cubrir os custos asociados ao tratamento das augas residuais. Ademais, comezouse a cobrar tamén os recibos pendentes desde 2021. Para minimizar os posíbeis inconvintes, estes cargos atrasados efectuaranse de maneira progresiva até completar os trimestres pendentes.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou que esta medida busca garantir a sustentabilidade do sistema e cumprir coa normativa vixente. “É necesario que asumamos a responsabilidade que nos corresponde como Concello no financiamento dun servizo esencial para a protección do medio ambiente. Confiamos en que este sistema de pagamento progresivo axude a minimizar o impacto nos petos das familias”, sinalou.

Para calquera dúbida ou aclaración, o Concello de Fene lembra que está a disposición da veciñanza a través das súas canles de comunicación habituais.

Lea también

Cabanas refuerza durante el verano los efectivos de la Policía Local

El Concello de Cabanas incorpora dos auxiliares de policías locales para reforzar el cuerpo policial …