O grupo municipal socialista, a través do edil Julián Reina, solicita do goberno municipal de Ferrol «unha intervención de mantemento integral da praza do arco de Porta Nova, co obxectivo de poñela ao día e recuperar o seu mantemento regular».
Precisamente o concelleiro denunciou na comisión de Urbanismo «a situación de «absoluto abandono» deste espazo da praza, ubicada entre os barrios de Ultramar e Recimil, concretados nunha falta de mantemento por parte do Concello que se evidencia na vexetación que crece por toda a praza, a falta de limpeza xeralizada, asi como o mal estado no que se atopan os bancos».
Reina lembrou que dita praza «é un punto de conexión entre barrios diariamente utilizada por moitos veciños que teñen que atravesar «por un pasillo de matorrais» cada vez que teñen que cruzar por ela».
«Non parece o máis axeitado que se aproveite a obras que se están executando na FE-14 para desatenter as labores de mantemento nesta praza nos últimos meses», manifestou o concelleiro socialista.
Tamén advertiu de que «esta deixadez, falta de limpeza e mantemento pode xerar unha insalubridade que favorece a aparición de ratas».
Para o grupo socislita, «esta é unha mostra máis do empeoramento no mantemento da nosa cidade dende a chegada do alcalde, José Manuel Rey Varela. «Vemos como, independentemente dos anuncios que queira facer en prensa con respecto ao plan de barrios, a realidade é que as visitas publicitarias do alcalde o que supón en realidade é a improvisación permanente e a desorganizacción do mantemento da nosa cidade», afirmou Reina.