Fene acolle o XX Slalom Scratch

O evento se celebra este sábado 23 de novembro no circuíto urbano de San Valentín. A proba reúne 83 participantes, igualando o récord histórico de edicións anteriores.

Este sábado 23 de novembro, Fene converterase no epicentro do automobilismo galego coa celebración do 20º Slalom Scratch, unha proba organizada pola Escudaría Scratch Fene coa colaboración do Concello de Fene.

O evento, que terá lugar no circuíto urbano de San Valentín, reunirá 83 participantes, igualando o récord histórico de participación de anteriores edicións. Entre eles destaca a presenza de Rubén Gandoy, veciño de Fene e actual campión galego.

As actividades darán comezo ás 8.00 horas coas verificacións técnicas dos vehículos, mentres que as probas arrancarán ás 10.15 horas e se desenvolverán de forma ininterrompida até o remate do evento, que culminará coa entrega de premios ás persoas participantes.

O 20ª Slalom Scratch será tamén a última proba do calendario desta disciplina, o que reforza a súa importancia dentro do panorama automobilístico galego e atrae competidores e toda Galiza.

Adán Chao, concelleiro de deportes, subliñou a relevancia deste evento durante a presentación oficial da proba, celebrada no Concello de Fene. “O Slalom Scratch é xa un emblema do noso concello, e un referente para o automobilismo galego”, destacou Chao, quen animou á veciñanza e persoas afeccionadas ao automobilismo a achegarse este sábado a San Valentín “para desfrutar dun espectáculo deportivo único”.

Lea también

Morgato y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol de este sábado ante Sporting La Nucía

O Parrulo Ferrol afronta su segundo partido consecutivo delante de su afición recibiendo este sábado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *