Iago Fuertes Leonardo, Mellor Deportista de Narón ´24 na XXXV Gala do Deporte

O Pazo da Cultura foi novamente na noite do venres 22 o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa trixésimo quinta edición.

Fuente Concello de Narón
Fuente Concello de Narón

Unhas setecentas persoas déronse cita neste evento, que deu comezo ás 21.00 horas no que a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, entregou ao remate, como é tradicional, o premio ao “Mellor Deportista de Narón 2024” ao padelista naronés Iago Fuertes Leonardo, do Club de Pádel Narón (recollida polo seu irmán)

Fuente Concello Narón

No transcurso da Gala a rexedora local estivo acompañada polo edil de Deportes, Ibán Santalla, e outros concelleiros  da corporación local que entregaron as distincións a outros deportistas en diferentes modalidades.

Iago Fuertes Leonardo é actualmente campión do mundo na súa categoría coa selección española. No seu palmarés, súmanse numerosos premios, como os de campión de Europa coa selección española e por parellas en categoría infantil, campión de España por equipos na categoría cadete; dobre campión galego; campión do torneo internacional Fip Promises celebrado en Bélxica; campión do I Grand Slam celebrado en Tarragona; subcampión do mundo na cateogría infantil; subcampión de España cadete…

Aos seus 14 anos, Iago Fuertes despunta a nivel nacional e internacional. Afincado en Narón, adestra principalmente no Club de Pádel Narón e no P6 Narón Sport Center e acude tamén cando o seu calendario escolar llo permite a Nox Future Academy, en Barcelona.

Fuente Concello de Narón

Ferreiro recoñeceu observar sempre aos deportistas, recoñecendo “os valores que demostrades como a superación, a disciplina, o traballo en equipo…”, incidindo en que son “un exemplo a seguir”. Asegurou a rexedora local a importancia de potenciar o deporte dende os concellos, apuntando que “en Narón logramos introducilo no noso ADN, dentro da transformación integral que realizamos estes anos, nos que o fomento do deporte foi e será un piar básico”.

A alcaldesa recalcou o compromiso do goberno local co deporte e recoñeceu o labor das persoas que traballan día a día para sacar adiante aos seus clubs e tamén o papel das familias. Ferreiro felicitou na súa intervención aos nominados e nominadas nesta gala e agradeceu o labor do edil de Deportes, Ibán Santalla, do persoal do Padroado de Deportes e do voluntariado de Protección Civil pola súa implicación, así como do xurado que valorou aos deportistas.

Pola súa bandal o edil de Deportes, Ibán Santalla, destacou o feito de que “en Narón contamos cunha extraordinaria representación de campións mundiais, nacionais, autonómicos e locais que non só nos enchen de orgullo senón que tamén nos inspiran a ser mellores cada día”. O concelleiro destacou tamén os valores dos deportistas no seu día a día e agradeceu a implicación dos clubs, as familias, e en xeral de todas as persoas vencelladas a esta área, en especial da alcaldesa, Marián Ferreiro, “polo seu apoio constante aos deportistas de Narón”.

Fuente Concello de Narón

No transcurso do evento nomeouse aos Deportistas do ano nas modalidades de atletismo, automobilismo, baile deportivo e de competición, baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, boxeo savate, carreira de montaña, ciclismo de montaña, colombofilia, danza urbana, fútbol, fútbol sala, golf, judo, kárate, karting, kickboxing, motociclismo, natación, natación artística, pádel, piragüismo, rallye slot, remo, silvestrismo, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico, triatlón, voleibol, xadrez, ximnasia artística e ximnasia rítmica.

Así mesmo, entregáronse tamén as mencións especiais á: Mellor promesa a June Moreno Campo, da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra; Mellor Proxección deportiva, para Miguel Graña del Solar, da Agrupación Deportiva Náutico de Narón; Mellor Traxectoria deportiva, para Sara Guerrero Manso, da Agrupación Deportiva Náutico de Narón; e Mellor Adestrador, para Lino López Amado, do Baxi Ferrol.

Entre os recoñecementos nesta Gala do Deporte de Narón tamén se distinguíu a Antonio Sueiras Durán, da Escudería Siroco Narón, polo seu traballo e dedicación ao longo dos anos co deporte naronés; á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón, pola súa axuda e colaboración desinteresada nos eventos deportivos do Concello; a Jorge Cagiao Sueiras, da Escudería Alpine Recalvi Rallye Team, e a Zoraida Bermúdez Doce, de PowerFénix, polos logros deportivos obtidos ao longo deste ano; a Lorena Bermúdez Doce, de Inclubasket Coruña, polo seu esforzo e superación no deporte; a Narón Kids, do Club Baile Deportivo Narón, e a Revolution UPA, de Un Paso Adelante, por levar o nome de Narón polo mundo adiante. Así mesmo, o premio ao Mellor Club foi para o Atletismo Narón.

Fuente Concello de Narón
Fuente Concello de Narón
Fuente Concello de Narón

A Gala abrirá cunha actuación de baile de Paso a Paso e tamén acollerá unha exhibición de baloncesto en cadeira de rodas, unha actuación de baile de Un Paso Adelante e outra de Narón Kids previa á entrega das mencións especiais.

A XXXV Gala do Deporte de Narón rematou co acto de entrega do premio a Iago Fuertes Leonardo, que recolleu o seu irmán Pablo -ao estar Iago competindo en Mérida- como Mellor deportista de Narón do ano 2024, de mans da alcaldesa, Marián Ferreiro, e cunha fotografía de familia no escenario do Pazo en recordo desta edición do evento.

Fuente Concello de Narón

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *